1993-04-27.LAVOZDEGALICIA.LA COSMETICA DEL PCE FEDERICO ABASCAL

Publicado: 1993-04-27 · Medio: LAVOZDEGALICIA

Ver texto extraído
10 / ColaboracionesMartes27 de abril de 1993Chip, chipXOSÉ VÁZQUEZ PINTORO meu pai mercoume un televisor fai moitos anos. E fun feliz ollando «Bonan­za» e o «Rintintín». A miña nai emocionábase con «Reina por un día».—Ouh, neno, ora a ver se aparecen na televisión os teus curmaus de Buenos Ai­res —decíame.Nunca apareceron. «É in- xusto —dixen eu— todos aparecen e a miña familia non». Considerei que eu viña dunha caste pouco afortunada e tomei axiña a resignación necesaria.Pasaron os anos e hoxe sigo pasmado diante da pantalla. Enriba do moble hai un floreiro sin sorte, porque as escasas rosas e caraveis que alí chegan murchecen de contado. Será coa calor. A verdade é que tan axiña como chego da rúa séntome na cadeira e regalo os olios cara os suce­sivos canais. Chip, chip, chip, chip,... Primeira, se­gunda, galega, cinco, tres... Vexo e miro, ou miro e non vexo. Pero aquí estou. De cando en vez durmo; e xa pasaron os programas do meu interés. Que mágoa. Entón voume deitar. Como xa durmín antes, agora soño. E nada sei o que pa- sou en Bos Aires, nin eos meus curmaus nin eos ou- tros.Na mañá, a xente vai e vén. Ah, ah, ah, ah. Non se espantan nin saúdan. An­sean. ¿Que ansearán? Le­van luces diversas nos seus olios, como se fixeran vela­torio en moitas horas sen durmir; e sen soñar. Non aprenderon, coma min, que a televisión que non te dur- me, lévate polos camiños do mal.ChlmyChvmez'«A memoria involuntaria» de Prousta ARÉCENOS que a obra de Marcel Proust foise afirmando ata hoxe, brindándolle esa «in- mortalidade mortal» que andou a precurar o autor. Home de saúde crebadiza, hipersensible, observador, agudo, prodixio de vontade, sentiu como poucos a necesidade de perdurar.Como despois Malraux, conce­bía unha saída para o home, esa figura feble, traballada, esleída polo ácido do tempo. Frente a esta comprobación, atopou un xeito de se opór: A memoria, de­pósito onde todo está rexistrado, e ao que é posible acudir á pre­cura do rescate.Pero como a memoria tamén se gasta e nos traiciona, Proust atopou o recurso da «memoria involuntaria». Algo que, de sú- peto, se suscita diante dunha sensación. Un dato brindado pola realidade, sen o designio expreso de o achar.Foi tal a base de «Na precuraFRANCISCO FERNANDEZ DEL RIEGOdo tempo perdido». Algo que, ra­ramente, souperon descobrir os seus primeiros críticos. Desde aquel amuxado Paul Souduy, que protestaba contra o párrafo extenso e os bamboneos farrago­sos de «Do lado de Swann», ata o arrepentido André Gide. Re­sulta curioso como, co tempo, este tipo de rectificacións foi unha actitude reiterada frente á obra de Proust.IncomprensiónNa mesma incomprensión in- curriu de primeiras Ortega Gas- set, cando a chamou «novela pa­ralítica». Nembargante, logo desdeciríase, ponderándoa des­de as páxinas de «El especta­dor». Marcel Proust tivo razón ao acusar recibo de tais rexeita- mentos, e da lixeireza coa que se lie achacou a falla de armazón coerente nos seus libros. Algo que xuzgou «tarda censura que se me fai no tocante a que meLa cosmética de! POEFEDERICO ABASCALÜULIO Anguita es ese salmista cordobés que negó tres veces su palabra antes de aceptar, va para cinco años, la secretaría general del PC. Tres veces dijo que no aceptaría el cargo al iniciarse aquel congreso abierto para resolver una situación de orfandad, relegado ya Carrillo a categoría de ex. Entonces el Partido Comu­nista era sólo PCE. Muy atrás quedaba la Junta Democrática, ideada por Carrillo para que el PCE pudiera actuar en sociedad al amparo de personalidades independientes, desde el opuis- deísta Calvo Seresal al notario radical García Trevijano, pasando por el aristócrata Vilallonga o el periodista Tristán La Rosa, anclado en la alta burguesía catalana. Y el invento dio resul­tado. Muchos ciudadanos nada sospechosos avalaban al comunismo en su asfixiante clan­destinidad.Al volatilizarse los PCs de la Europa del Este, Anguita se resistió tenazmente a cualquier re- fundación. Y regresó a la estrategia de maqui­llaje social, arropando sus siglas en una coali­ción improvisada sobre personalidades descol­gadas, como dos expulsados del PSOE, Alonso Puerta y Pablo Castellano, comunistas críticos como Cristina Almeida o comunistas clarivi­dentes como Nicolás Sartorius. Nació Izquierda Unida. Las tribulaciones del PSOE, la inconsis­tencia de los grupitos verdes y la astenia del CDS prometían una explosión de votos el 6-J. Anguita ha revelado que en IU la esencia es el PCE y que la discrepancia merece un castigo staliniano. Sartorius, Castellano y Almeida lo han recibido, aunque, desencantados, anuncian que seguirán luchando. La noticia es mala para la izquierda y buena para el PSOE, que mantie­ne abierta su puerta por si alguien no halla co­bijo en IU. IU se revela como el escaparate sal­picado de estrellas ajenas en el que se vende el producto de siempre. Y parte del electorado se siente defraudada. Una cosa es votar un pro­yecto plural y progresista, y otra, vota al sal­mista cordobés que impone la disciplina comu­nista a cualquier independencia de criterio.falta construcción nuns libros dos que podo probar que o seu só merecemento é a solidez das súas menores partes».Quizáis esa obra inmensa ne­cesite unha introducción para os lectores apegados á idea de que a novela é unha sucesión de epi­sodios de tensión crecente e in­terés continuado. Esa novela «rollo chino» da quefala Cortá­zar. Na actualidade, cando al- gáns experimentos narrativos nos desconcertaron ata o límite, as novelas monumentais de «Na precura do tempo perdido», te­ñen un fondo significado. Apare­cen como un prodixio de maes­tría no plan, nos recursos. De sotileza na análise, de grandeza no tema, que é a eterna loita do home, suspendido entre a morte e o anceio de inmortalidade.Erros e enganosNunha versión en castelán de Julio Gómez de la Sema, que vi­mos agora de ler, figuran os dous primeiros libros: «Hacia el lado de la quinta de Swann», —¿por que non a traducción exacta, «Del lado de Swann»?— e «A la sombra de las mucha­chas en flor». Dúas extensas no­velas estas que, fóra do contexto total, permiten apreciar o xenio do creador. Mais non, definiti­vamente, a grandeza da súa con- ceición. Quizáis nesa circunstan­cia deben precurarse os erros e enganos daqueles críticos que repararon máis no detalle que no todo.A primeira é, como se sabe, a novela da infancia de Proust: O mundo da nai e da aboa, a quen adoraba. Os muros familiares de Cambrai. O amor-creación de Swann por Odette. O namora- mento de Marcel por Gilberta. A segunda é a novela da adoles­cencia: Os primeiros asomos en Balbec. A mocedade finisecular. A dozura aberta deses pasos aín­da sen nubes...Outro espelloXESÚS FERRO RUIBALCoMO irnos saber se subimos ou baixámo-la mí­tica esqueira, se ser galegos é ser un bonsai, que non medra porque periódica­mente nos cortan as raíces e padecemos crise económica conxénita, pero se tamén é disfrutar de paisaxe prodi- xiosa, Compostela celestial, marisco incomparable, Ro­salía e Seoane, Milladoiro e Sargadelos?Milladoiro, coma tal, sim­boliza unha Galicia rigoro­sa no trabado e fiel ás raí­ces culturáis e, por iso, ho­mologada internacional­mente. Políticos, urbanistas e comunicadores aínda non comprenderon que esa é a razón do éxito internacional de Rosalía, Seoane, Milla­doiro e Sargadelos. Milla­doiro tivo alumnos, que aínda non o deron superado, porque descuidaron un dos dous peares do éxito.Con Milladoiro pasou na música folk coma coa Ria­da e. & Odisea de Homero: foi pioneiro e foi a perfec­ción.Pero era irreal que non dese aparecido a competen­cia. Por fin apareceu con Matto Congrio. Quizá é aínda menos conxunto pero as diferencias son máis de concepto que de nivel: Mi­lladoiro é máis fiel á músi­ca tradicional, repite da mesma maneira a frase. Matto Congrio ten un pé en Galicia e outro en Irlanda, innova en cada frase, aven­túrase por outros estilos. Anotemos que o virtuosis­mo e a creatividade de Car­los Núñez converteron a gaita galega en instrumento electrizante das masas. Ma­sas de 15 a 45 anos, galego- falantes e, sen despreciar a ninguén, elegantes. Deixe- mos constancia de que este público existe e de que Matto Congrio dálle a sen­sación de ser un pobo en pé, non xenófobo pero sa­bedor de que vigoriza-las raíces é encher de vida o futuro.Non sei por que me vén á idea, e non podo non conta­lo, o caso de Beethoven que, sendo moi noviño pe- diu tocar para Mozart im­provisando. Fíxoo ben e Mozart felicitouno pero deixou caer que non lie pa­recía que aquilo fose impro­visación. Beethoven pediu- lle que lie dixese el unha frase e que improvisaría igual sobre ela. Fíxoo e foi tal o asombro de Mozart que dixo: ¡Olio a este neno que ha facer que o mundo fale del! Pois iso supoño eu que di Milladoiro de Matto Congrio.